7.11.2015

Viaxeiros ao tren!


Hoxe por fin tocou excursión!

Despois de un almorzo contundente, dirixímonos a Fazouro (Foz) en FEVE pra visitar o castro da man dos monitores. 


Faláronnos sobre a súa arquitectura e dos materiais que utilizaron para a súa costrucción. Tamén aprendemos sobre a xeoloxía e a xeografía desa zona, a cal influíu no modo de vida dos habitantes do castro.Pero sobre todo, metémonos na pel dun arqueólogo por un momento e descubrimos que traballaban o metal e criaban ovellas.

Aproveitamos, tamén, para recoller o lixo que había tirada no castro seleccionándoa e depositándoa nos colectores correspondentes (papel, orgánico e plásticos). 





Despois, fixemos unha ruta de sendeirismo por todo o paseo marítimo ata chegar a Foz, onde descansamos para comer, repoñer forzas e comprar algún que outro regalo para as nosas amizades e familiares.




Aínda que esgotador, pasámonolo xenial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario