7.11.2015

3, 2, 1... acción!


En "Devesa TV " marcámonos un obxectivo moi claro: coñecer a opinión dos turistas sobre a Praia das Catedrais!

Para empezar, analizamos cales eran as seccións dun informativo (o tempo, deportes, conexión en directo, etc.) e distribuímonos por grupos para deseñar un pequeno esquema que nos axudase a alcanzar a nosa meta.

Así, cada grupo deseñou un guion en función da súa temática tal e como o fan os xornalistas de verdade.

Despois, gravamos miles e millóns de tomas e cremos que... algunha sálvase! Isto do periodismo é máis complicado do que nos imaxinabamos.

A parte que máis nos gustou foi a de baixar á praia a entrevistar os turistas. Que emocionante! Os turistas tratáronnos moi ben e implicáronse moito e aínda que algúns tiñan vergoña por saír no noso programa, perdoámosllelo porque nos facilitaron moito a tarefa.

Queredes ver como quedou todo?








EDITADO: debido a problemas coa conexión de rede a montaxe final non puido subirse á plataforma. Pregamos desculpen as molestias e teñan paciencia porque... en breves instantes terémolo! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario