7.21.2015

SORPRESA!!!!!!!

Cómo van as vacacións??? Seguro que nos botades de menos!!!!!!!!
Pois temos unha sorpresa preparada para os acampados do Implica - T de Xullo da Devesa... estade pendentes hoxe, porque pronto subiremos unha foto moi moi desexada por todos!!!!!!
Apertaaaassssssss!!!!!



Editamos a entrada para mostrarvos xa, á fin, a sorpresa... Estades preparados? Aí vai! "TA TA TA CHAN"!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!





Aquí tedes o froito do voso traballo queridos horticultores: unha preciosa leituga tenra e verde!


Que vos parece? Non estades orgullosos do esforzo? Esperamos poder comela dentro de moi poquito na ensalada!



Desexámosvos que esteades a gozar moito das vosas vacacións, pequenos! 

Unha aperta moi grande!

7.13.2015

Nota


Estamos a ter problemas coa plantilla do blog, por iso aparecen palabras subliñadas ou ilexibles. Por favor, pedímosvos que teñades paciencia ata que poidamos arranxalo.



Grazas!

7.11.2015

3, 2, 1... acción!


En "Devesa TV " marcámonos un obxectivo moi claro: coñecer a opinión dos turistas sobre a Praia das Catedrais!

Para empezar, analizamos cales eran as seccións dun informativo (o tempo, deportes, conexión en directo, etc.) e distribuímonos por grupos para deseñar un pequeno esquema que nos axudase a alcanzar a nosa meta.

Así, cada grupo deseñou un guion en función da súa temática tal e como o fan os xornalistas de verdade.

Despois, gravamos miles e millóns de tomas e cremos que... algunha sálvase! Isto do periodismo é máis complicado do que nos imaxinabamos.

A parte que máis nos gustou foi a de baixar á praia a entrevistar os turistas. Que emocionante! Os turistas tratáronnos moi ben e implicáronse moito e aínda que algúns tiñan vergoña por saír no noso programa, perdoámosllelo porque nos facilitaron moito a tarefa.

Queredes ver como quedou todo?








EDITADO: debido a problemas coa conexión de rede a montaxe final non puido subirse á plataforma. Pregamos desculpen as molestias e teñan paciencia porque... en breves instantes terémolo! 

Viaxeiros ao tren!


Hoxe por fin tocou excursión!

Despois de un almorzo contundente, dirixímonos a Fazouro (Foz) en FEVE pra visitar o castro da man dos monitores. 


Faláronnos sobre a súa arquitectura e dos materiais que utilizaron para a súa costrucción. Tamén aprendemos sobre a xeoloxía e a xeografía desa zona, a cal influíu no modo de vida dos habitantes do castro.Pero sobre todo, metémonos na pel dun arqueólogo por un momento e descubrimos que traballaban o metal e criaban ovellas.

Aproveitamos, tamén, para recoller o lixo que había tirada no castro seleccionándoa e depositándoa nos colectores correspondentes (papel, orgánico e plásticos). 





Despois, fixemos unha ruta de sendeirismo por todo o paseo marítimo ata chegar a Foz, onde descansamos para comer, repoñer forzas e comprar algún que outro regalo para as nosas amizades e familiares.




Aínda que esgotador, pasámonolo xenial!

Ímonos de festa!

Na actividade de “Festas”, desprazámonos por gurpos ata as porximidades da Praia das Catedrais e Area Longa, así como do Concello d eBarreiros co obxetivo de preguntarle á xente sobre as festas que se celebran pola zona.

Obtivemos información sobre as datas o lugar e as costumes das seguintes celebracións:
  • FESTA DO OVO FRITO DE CERVO

  • FESTA DE SAN ROQUE DE RIBADEO

  • FESTA INDIANA DE RIBADEO


  • RAPA DAS BESTAS DE VIVEIRO
  • FESTA DA QUEIMADA DE CERVO

  • FESTA DA MARUXAINA DE SAN CIBRAO

  • FESTA DO VIÑO DE PORTOMARÍN

  • FESTA CASTREXA DE BURELA

  • FESTA DE SAN BARTOLO REINANTE

  • FESTA DE SANTIAGO DE REINANTE


  • FESTA DE SAN ESTEVO DE HERMO DE BARREIROS

  • FESTA DE SAN LORENZO DE FOZ



Tamén poidemos disfrutar das historias e detalles que nos contou a xente do pobo para poder así informar as nosas familias e amizades sobre as festas que se celebran na Mariña Lucense.


Despois de realizar a fase de recollida de información, voltamos ó campamento para realizar carteis informativos de ditas festas.



Xa temos plan para todo o verán!