Parece mentira a cantidade de aves diferentes que se poden
ver cun simple paseo pola costa... E nós pensando que case todo eran gaivotas
patiamarelas!
Comezamos a actividade cunha pequena excursión co obxectivo
de avistar as diferentes aves que podemos encontrar nesta época do ano na zona
do campamento. Deste modo, nos puxemos en marcha e con axuda duns primáticos e
moita agudeza visual nos dispuxemos a identificar especies. Vaia reto!
Como é natural, abundaban as aves mariñas como os corvo
mariños ou as gaivotas patiamarelas aínda que tamén divisamos algún que outro
lagarteiro planeando no ceo en busca da súa presa.
Durante a actividade, os nosos monitores explicáronnos
curiosidades sobre as diferentes especies típicas da zona e, posteriormente,
elaboramos unha guía didáctica co fin de coñecer a fondo as súas diferentes
características e aprender cales son as partes fundamentais para levala a cabo.
En pequenos grupos, investigamos sobre as que máis nos
chamaron a atención:
Por último, para que non se nos esquecesen os nomes das
especies, realizamos varias dinámicas moi divertidas!
Agora, cando vexamos unha Lavandeira branca, xa saberemos
identificala!
No hay comentarios:
Publicar un comentario